fbpx

O Compostela en Marcha apraza as súas actividades ata que se levanten as novas restricións sanitarias

O ciclo Compostela en Marcha, que organizan as asociacións Hostalaría Compostela e Bares, Pubs e Discotecas de Santiago, en colaboración co Concello, vese na obriga de aprazar as súas actividades por mor das novas restricións publicadas onte pola Consellería de Sanidade como medidas preventivas na pandemia do Covid-19 e que entraron en vigor hoxe.

Estes días estaban previstas proxeccións de ‘Cine Libre’, ‘Sesións Vermú’ e ‘Seráns-Tardeo’ que se retomarán unha vez que se levanten as restricións na nosa cidade. Tampouco se celebrará o ciclo ‘Vai de Viños’, que continuaba esta semana pola zona do Distrito de Altamira e rúas lindeiras.

Unha vez que se retome a programación, irase actualizando aquí así como nas páxinas de Compostela en Marcha en Facebook e Instagram. 

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll Up