fbpx

Fala Baixiño na Rúa

Despois do éxito da primeira campaña do “Fala Baixiño” organizada por “Compostela Territorio Musical” e da segunda campaña organizada polo sector hostaleiro o pasado mes de decembro, as distintas asociacións de hostalaría de Compostela en colaboración co Concello e a petición de colectivos veciñais, programan a campaña anual “Fala Baixiño na Rúa”.

Esta campaña o que pretende é concienciar, mitigar e reducir os distintos ruídos que se producen na rúa, tentando favorecer a convivencia e o descanso dos veciños. Con este obxectivo programáronse unha serie de actuacións anuais que inciden sobre todo nas épocas de maior afluencia de visitantes a Santiago, nas distintas celebracións e nos distintos festexos, como son:

.- No inicio do ano, primeiros do mes de xaneiro, como data de inicio da campaña.
.- Nos días previos ó Entroido (febreiro).
.- Nas vésperas da Semana Santa (marzo).
.- Antes das Festas da Ascensión (maio).
.- Antes das Festas do Apóstolo (xullo).
.- Inicios do Curso Académico (setembro).
.- Datas previas ó Nadal e ceas de Empresa (novembro).

Dentro do que é a campaña “Fala Baixiño na Rúa” prográmanse actividades moi variadas, con distintos soportes e materiais, que van dende carteis explicativos, vídeos divulgativos, materiais educativos, ata un decálogo de boas prácticas de convivencia na rúa chamado “Fai e non Fagas”.
Estas actividades e actuacións lévaranse acabo principalmente no ámbito do comercio e da hostalaría de toda a cidade, tentando ter a maior repercusión posible sobre os usuarios da rúa a altas horas da madrugada, buscando con accións creativas e innovadoras chegar ó maior numero de xente, concienciala das molestias que supón o ruído na rúa e facelos partícipes da súa solución.
Dende as distintas asociacións que conforman o sector hostaleiro de Santiago de Compostela pedimos a colaboración de todos para que esta campaña volte a ter o éxito que tiveron as dúas anteriores e agardamos que as distintas actuacións e actividades que se programaron sexan efectivas, incidan e melloren a convivencia, aportando en parte, unha solución ó problema dos ruídos na rúa.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll Up