fbpx

Este luns comeza o ‘Vai de Viños Compostela’

Este luns, 17 de agosto, arranca a primeira quenda do ‘Vai de Viños Compostela’, unha actividade incluída dentro do programa Compostela en Marcha, que organiza a Asociación Hostalaría Compostela e a Asociación de Bares, Pubs e Discotecas de Compostela, en colaboración co Concello de Santiago.

A dinámica consiste en rutas por distintas rúas de Santiago visitando os locais participantes e degustando un viño galego. Esta primeira quincena, que se desenvolverá polo Distrito Altamira e rúas lindeiras, está patrocinada pola adega Lagar de Costa e contará con distintas ruadas.

Os locais participantes son Frebas, Amoado, A Ostrería, Café de Altamira, A Sucursal de Moha, Casa Pepe, Taberna do Tarela, Casa Felisa, Mesón da Troia, Botafumeiro, Forest, Damajuana, Gramola, Filandón, Cervantes, Alvaroque, Fuco Lois, La Quintana, Garigolo, Xuntanza, Benboa, Milongas e Os Croques.

Os clientes poderán optar a varios agasallos cubrindo as papeletas que facilitarán os locais participantes. Con 5 selos entrarase no sorteo dunha viaxe ás adegas patrocinadoras e con 10 selos, ademais de entrar no sorteo, recibirase un agasallo directo de Aceites Abril.

Programa semanal

O resto de actividades programadas para a semana que vén desenvolveranse desde o mércores 19. Así, ás 21:00 h, proxectarase a película ‘Os Fenómenos’, de Alfonso Zarauza, en San Paio de Antealtares, xunto aos locais A Carrilana, Século IX e Kapital. O ‘Cine Libre’ continuará co mesmo filme o xoves, tamén ás 21:00 h, na Rúa de Entremuros, xunto aos locais O Curruncho e Bicoca.

O programa seguirá o venres 21 coa música de Raúl Kiokio & Amy Gaviria ás 18:00 horas no Hotel O Xardín de Julia (Virxe da Cerca, 20). O sábado celebrarase unha foliada dentro da actividade ‘Seráns-Tardeo’, desde as 18:00 h na Praza dos Gatos, xunto aos locais A Gramola, A Damajuana e O Paraíso. O domingo haberá unha ‘Sesión Vermú’ en San Paio de Antealtares de 13:30 a 18:00 h coa música de Monoulious DOP.

Todas as actividades faranse mantendo as medidas hixiénico-sanitarias e de distanciamento social necesarias para poder garantir a celebración de eventos fronte a Covid-19.

Para asistir, deberase facer unha reserva no seguinte correo electrónico e presentarse no lugar 15 minutos antes de comezar a actividade para non perder a reserva: reservas@compostelaenmarcha.santiagohosteleria.net

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll Up