fbpx

Comunicado sobre as novas medidas de prevención para facer fronte á Covid-19

Dende a Asociación de bares, pubs e discotecas de Compostela queremos manifestar a nosa disconformidade coas medidas adoptadas pola Xunta de Galicia a requirimento do Goberno de España.

O peche dos establecementos de ocio nocturno e a redución horaria para todos os establecementos de hostalería.

Consideramos inaceptable a situación de inseguridade xurídica que está a sufrir o noso sector que en todo momento asumiu con responsabilidade e profesionalidade todas medidas sanitarias que se nos impuxeron, e que son as máis estritas e restritivas que as de calquera outro sector, o  cumprimento destas medida vén avalado polos datos sanitarios da nosa área sanitaria na que os ingresados en UCI no momento no que se ordena o noso peche é de 0 pacientes.

Non podemos comprender nin aceptar a criminalización da nosa profesión e poñemos en cuestión a legalidade dunhas medidas que consideramos totalmente arbitrarias, como xa puxo en cuestión o Tribunal Superior do País Vasco, a relación da expansión do covid19 e o ocio nocturno carece de todo fundamento, os nosos establecementos son espazos seguros, feito que, insistimos, conta co único argumento contrastable q hai neste momento, os datos sanitarios da nosa área sanitaria, mes e medio despois da reapertura do ocio nocturno. Por isto non descartamos emprender accións legais.

Queremos facer notar tamén que a orden de peche e redución horaria, medidas máis restritivas que as que imperaban na fase 3, non vén acompañada de medidas de apoio nin de data de finalización, como calquera con sentido común pode comprender a imposión de peche sine die supón para o sector un dano dificilmente reversible que suporá o peche definitivo de moitos establecementos e as consecuentes perdas de emprego. Por non falar da situación persoal que estamos a vivir os traballadores e traballadoras, empresarios e empresarias do sector, sumidos na incertidume e a inseguridade xurídica, laboral e económica sufrindo ansiedade, angustia e desamparo.

Nin o goberno do noso Concello nin a oposición poden seguir en silencio mentres se ataca ao principal motor económico da nosa cidade sen mediar motivo algún. Solicitamos o apoio do goberno municipal así como do pleno da corporación do Concello de Santiago na defensa dos intereses da cidade. 

Santiago de Compostela, a 16 de agosto de 2020

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Scroll Up